O CONCELLO DE VILARMAIOR PARTICIPA NO PROXECTO REDEXIANA 2 PARA O FOMENTO DO EMPREGO.
O Concello de Vilarmaior en colaboración coa Deputación da Coruña vai desenvolver accións formativas dirixidas a persoas desempregadas dos concellos de A Capela, As Pontes, Cabanas, Monfero e Vilarmaior.
O Proxecto RedeXiana 2 está cofinanciado pola Deputación Provincial e o Fondo Social Europeo.
No Concello de Vilarmaior realizaránse un total de 3 accións formativas:
1) Obradoiro de Emprego
2) Habilidades Sociais e Comunicativas
3) Responsabilidade Social
Que se desenvolverán na Casa da Cultura do Concello.
As persoas participantes poderán realizar o itinerario formativo e de inserción laboral completo conducente á formación de:
- Conselleiro de Seguridade ou Montaxe
- Mantemento de Bens de Equipo e Maquinaria Industrial
O prazo de inscrición remata o 3 de maio de 2013.
Persoas Beneficiarias:
- Persoas en situación de desemprego no momento da solicitude.
- Estar inscritos/as na Oficina de Emprego e coa tarxeta actualizada.
- Ter 18 anos.
- Estar empadroado/a.
- Pertencer a algún dos seguintes colectivos:
+ Xóvenes menores de 30 anos
+ Persoas Maiores de 45 anos.
+ Persoas desempregadas de longa duración
+ Inmigrantes non comunitarios con permiso de traballo.
+ Persoas afectadas por algunha minusvalía.
+ Persoas sometidas a maltrato físico ou psíquico.
+ Persoas en proceso de rehabilitación ou reinserción social
+ Persoas pertencentes a etnias desfavorecidas ou minoritarias
+ Xóvenes que non superasen a ensinanza obligatoria
+ Outras persoas calificadas en exclusión social
+ Outras persoas ou grupos identificados no Plan Nacional de Inclusión Social.
Inscricións e Información nos Servizos Sociais.
Tfno. De Contacto: 981 78 17 09 (preguntar por Yolanda).
Oferta de prazas xuvenís dentro do programa https://iqoption.cl/IQ_Option_Como_retirar_y_depositar_dinero Campaña de verán 2013 e se procede á súa convocatoria. (DOG nº 63 do 2/4/2013)
Obxecto:
Facilitarlle á mocidade galega a participación en actividades de tempo libre a través da oferta dun plan xeral de actividades que se desenvolverán tanto en Galicia como noutras comunidades autónomas, en diferentes quendas de entre unha semana e quince días de duración, durante os meses de xullo e agosto.
Participantes:
Mozos e mozas nados no ano sinalado no anexo I para cada actividade. En canto á idade mínima e máxima para participar deberase ter en conta o seguinte:
· Os/as nados/as no ano 1995 non poderán facer 18 anos antes da finalización do campamento.
· Os/as nados/as no ano 2004 deberán ter feitos 9 anos ao inicio do campamento.
A solicitude pode ser individual ou múltiple (no suposto de grupos de ata catro irmáns). A solicitude múltiple só se poderá empregar para o suposto de solicitude de irmáns que vaian á mesma instalación e quenda. No momento da adxudicación da praza desde a lista de agarda xa se teñen en conta como individuais.
Cada persoa interesada só poderá cubrir unha solicitude e un máximo de cinco quendas ou actividades por solicitude
Servizos:
· Un programa de actividades de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial, que posibilite a participación da/o moza/o.
· Aloxamento en albergue xuvenil, residencia xuvenil ou campamento xuvenil.
· Manutención en réxime de pensión completa.
· O material necesario para a actividade.
· Un equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre e actividades náuticas, se é o caso.
· Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.
· Nas actividades desenvolvidas noutras comunidades autónomas inclúese o transporte desde Santiago de Compostela ata o lugar de destino, así como o retorno ata Santiago de Compostela.
Documentación:
Solicitude individual (anexo II) / Solicitude múltiple (anexo III)
Lugar de presentación:
Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado
Xefaturas Territoriais da Conselleria de Traballo e Benestar
· Nos lugares dispostos no artigo 38.4 da Lei 30/92 de 26 e novembro.
· Vía telemática: http://www.xunta.es/presentacion-electronica-da-xunta-de-galicia
Prazo de solicitude: ata o 17 de abril de 2013.
Máis información:
· Rede galega de información xuvenil
Programa de Retorno Voluntario de Inmigrantes
A Dirección General de Migraciones, convoca subvencións para programas de retorno voluntario de persoas inmigrantes. (BOE nº 78 do 1/4/2013)
O Programa de Retorno Voluntario está dirixido a persoas estranxeiras con diferente estatus legal, especialmente inmigrantes que manifestan o desexo de volver ao seu país de orixe ao atoparse en situación de precariedade ou en risco de exclusión social.
Programas subvencionables:
Prazo de solicitude: Ata o 22 de abril de 2013.
O programa de retorno voluntario inclúe os seguintes servizos:
· Información e asesoramento á persoa interesada.
· Billete de retorno internacional ao seu país de orixe, desde o lugar do seu domicilio en España contemplando o pago da estancia, manutención e todas aquelas circunstancias excepcionais que poideran presentarse no tránsito.
· Gastos imprevistos de medicamentos ou outros como acompañamento debidamente xustificados.
· Axuda económica de viaxe de 50 euros por cada membro da unidade familiar.
· Axuda económica para a reintegración no país de orixe que pode ascender a 400 euros por persoa e ata un máximo por unidade familiar de 1.600 euros.
Requisitos necesarios para acollerse ao programa:
· Atoparse en situación de falta de recursos económicos e de vulnerabilidade social por determinadas circunstancias.
· Ter unha permanencia en España non inferior a 6 meses.
· Informe social dos servizos sociais do concello en que resida ou dunha ONG especializada.
· Declaración de voluntariedade da persoa interesada
Axudas destinadas ao alumnado que curse estudos universitarios, no curso académico 2012/13, nas universidades do Sistema universitario de Galicia, que por causa sobrevida ou imprevista teña dificultades económicas para continuar estudos.
axudas destinadas ao alumnado que curse estudos universitarios conducentes ao título de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico e arquitecto técnico, no curso académico 2012/13, nas universidades do Sistema universitario de Galicia, cunha necesidade urxente de recursos económicos motivada por causas sobrevidas e imprevistas que lle impidan ou dificulten a continuidade dos seus estudos.
Requisitos dos solicitantes
a) Necesidade urxente de recursos económicos para paliar a situación de emerxencia derivada dunha causa sobrevida ou imprevista (orfandade absoluta, falecemento pai/nai/ titor legal, desemprego sustentador principal, enfermidade grave, violencia de xénero cara el/ela ou o/a seu/súa proxenitor/a, vítimas de actos terroristas, separación, divorcio, ruína ou quebra familiar e outras circunstancias non recollidas que, sendo xustificadas, repercutan na situación socioeconómica familiar).
b) Que a situación sobrevida ou imprevista acontecese durante o actual curso académico 2012/13.
c) Estar matriculado, no curso académico 2012/13, como mínimo en 50 créditos, en estudos universitarios presenciais conducentes ao título de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico e arquitecto técnico en calquera das universidades do Sistema universitario de Galicia.
d) Que a renda per cápita da unidade familiar non sexa superior ao importe anual da pensión non contributiva individual para o ano 2013, é dicir, 5.108,60 euros (425,72 euros mensuais, incluída nesta contía a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias).
e) Non ter percibido esta axuda con anterioridade.
Forma e prazo de presentación de solicitudes
1. As solicitudes serán subscritas directamente polas persoas interesadas ou por persoa que acredite a súa representación por calquera medio válido en dereito.
2.1. Con carácter xeral, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde a data en que acontecese a causa sobrevida ou imprevista, sempre que a solicitude se realice con anterioridade ao 1 de setembro de 2013.
2.2. Se a causa sobrevida ou imprevista ten acontecido con anterioridade á publicación desta orde, o prazo de presentación será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta no Diario Oficial de Galicia.
O formulario da solicitude, correspondente co modelo normalizado ED433A que se publica como anexo I a esta orde, e a declaración responsable necesaria que se publica como anexo II estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es para a súa tramitación electrónica completa.
3. Para a presentación na sede electrónica do dito formulario e da declaración responsable admitiranse o DNI electrónico ou calquera outro sistema de sinatura electrónica aceptado pola sede da persoa solicitante ou representante legal.
4. Para a tramitación electrónica do presente procedemento, a sede electrónica da Xunta de Galicia dispón de instrucións de axuda que deberán ser observadas en todo momento polas persoas solicitantes. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de obtención dos formularios, poderán dirixirse ao teléfono de información 012 ou ao correo electrónico 012@xunta.es
No caso de dúbida en relación coa presente convocatoria, poderá facer as súas consultas no enderezo electrónico orientacion.sug@edu.xunta.es
Tamén se facilitará máis información nos Servizos Sociais do Concello en horario de luns-mércores e venres de 9:00 a 14:30 horas.