Campaña de vela 2008
Deputación Provincial da Coruña
INFORMACIÓN XERAL
Lugar: zona marítima protexida do concello.
Duración: unha semana, de luns a venres, ambos inclusive.
Distribución dos grupos:
Grupo A pola mañá de 10.00 a 14.00 horas.
Grupo B pola tarde de 16 a 20.00 horas.
A incorporación e regreso dende as instalacións náuticas correrá a cargo dos participantes.
Destinatario: Rapaces e rapazas entre os 9 e os 18 anos pertencentes ó ámbito comarcal dos concellos sedes.
COTA DE INSCRICIÓN 25 . Ingresarase na conta 20800025420040022256, facendo constar: CAMPAÑA DE VELA 2008
INDUMENTARIA
Os nenos/as deberán traer zapatillas deportivas, roupa cómoda e unha prenda de abrigo.
Aconséllase que traian unha mochila con roupa para cambiarse ó finalizar a actividade.
A organización facilitará chaleco para todos os participantes.
ACTIVIDADES
No programa "CAMPAÑA DE VELA 2008" participarás en moitas actividades relacionadas coa navegación, entre as que podemos destacar:
Iniciación ós conceptos teóricos da navegación a vela.
Iniciación ó coñecemento básico dos nós mariños.
Realización práctica de navegación a vela.
INSCRICIÓNS. DATOS XERÁIS
Inscrición: no teu concello.
Documentación: para formaliza-la inscrición debes entregar no teu concello:
- Ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada polos pais ou titor do solicitante, no caso de ser menor de idade.
- Fotocopia do libro de familia.
- Copia de aboamento da cota de inscrición (posterior ó sorteo público e confirmación de praza por parte do concello).
- No caso de tratamento médico ou doenza que se deberá ter en conta: xustificante médico asinado polo facultativo pertinente.
QUENDAS
1ª quenda: 7-11 de xullo
Concellos:RIBEIRA
Prazo de inscrición no concello: 30 de xuño
2ª quenda: 14-18 de xullo
Concellos:CORCUBIÓN
Prazo de inscrición no concello: 7 de xullo
3ª quenda: 28 de xullo-1 de agosto
Concellos:CERCEDA
Prazo de inscrición no concello: 21 de xullo
4ª quenda: 4-8 de agosto
Concellos:ARES
Prazo de inscrición no concello: 28 de xullo
5ª quenda: 11-15 de agosto
Concellos:ORTIGUEIRA
Prazo de inscrición no concello: 4 de agosto
Para entregar nas oficinas municipais co resto da documentación antes do prazo de inscrición.
Prazo de inscrición no concello: 7 días antes do comezo das actividades, nas oficinas municipais.
A adxudicación das prazas realizarase unha vez rematado o prazo de inscrición e con posterioridade ó sorteo público.
Máis información http://www.dicoruna.es/cultura/vela/#informacion
ACITIVIDADES DEPORTIVAS E SOCIOCULTURAIS CONCELLO DE VILARMAIOR XULLO E AGOSTO DE 2008
Ximnasia terapeutica
Dirixida a toda a poboación do concello, persegue a mellora da saude dos participantes coa realización de exercicios físicos regulares, e a
adquisición de hábitos saudables. Inclue a realización e aprendizaxe de
técnicas de relaxación, combinando técnicas de relaxación orientais e occidentais.
Destinatarios: toda a poboación do concello
Datas: todos os martes e xoves de xullo e agosto (primeiro día o martes día 1 de xullo e último o 28 de agosto)
Horario: de 9:00 a 10:00
Lugar: Pavillon Polideportivo Municipal
Patinaxe
Destinatarios: menores de 14 anos
Datas: Todos os luns de xullo e agosto (comeza o luns 7 de xullo e remata o 25 de agosto)
Horario: de 10:30 a 12:00
Lugar: Pavillon Polideportivo Municipal
Aula de Informática
Organizarase en dous grupos, un con participantes maiores de 14 anos e outro cos menores, cada grupo acudirá a aula de informática un día a semana. Seán actividades non formativas pero si dirixidas, cos seguintes eixos temáticos, tratamento de arquivos de música, fotográfia e video para os maiores de 14 anos e xogos educativos e navegación en interntet para os menores.
Destinatarios: un grupo maiores de 14 anos e outro con menores.
Datas: Todos os luns (maiores de 14) e mércores (menores) de xullo e agosto con comezo o 2 de xullo e remate o 27 de agosto
Horario: de 10:30 a 12:00
Lugar: Aula de Informática Municipal (Camara Agraria)
Xogos e obradoiros no parque
De xeito alterno os monitores irán realizando, xogos, obradoiros, jincanas, busca do tesouro, cos que traballarán a creatividade, o compañeirismo, a cooperación...
Destinatarios: nenos de 7 a 14 anos
Datas: todos os martes e xoves de xullo e agosto (comezo o 1 de xullo)
Horario: de 10:30 a 12:00
Lugar: Parque da Feira do Tres
Xogos Populares.
Destinatarios: nenos entre 3 e 7. Todos os martes e xoves de xullo e agosto, no pavillón polideportivo. De 10:30 a 12:00.
Multideporte.
Maiores de 14 anos. Mércores de xullo e agosto de 10:30 a 12:00, no pavillón.
EcoCampamento.
No centro de educación ambiental Alvarella. 3ª semana de agosto. De 14 a 18 anos.
Axencia de lectura.
Venres de 10:00 a 12:00. Contacontos e actividades dirixidas.
Apertura da Piscina Municipal
O proximo día 15 de xuño ábrese ao público, a piscina do concello, en
horario de luns a domingo e de 12:00 a 20:00.
Entradas e bonos
Entradas individuais (por un día)na piscina e Bonos (toda a tempada) na Casa do Concello.
Cursos de natación
Inscripción e información na piscina.
[ ficha de inscripción (Formato PDF) ] (Nota: Este documento pódese cubrir e imprimir directamente desde o Acrobat Reader)
Obxectivos
A Deputación da Coruña organiza unha nova edición este ano 2008, do Programa VIVIR O MUNDO, que nesta ocasión, pretende achegar ós rapaces e rapazas á Expo Zaragoza 2008 que se organiza o próximo verán na cidade bimilenaria de Zaragoza, acontecemento de carácter internacional que tratará a temática da auga e o desenvolvemento sostible.
Mediante esta viaxe, dunha duración de cinco días/catro noites prevista para o vindeiro mes de xullo, os/as participantes terán a oportunidade de coñecer os contidos desta importante exposición internacional e o tempo percorrer itinerarios culturais, visitar museos, monumentos e outros centros de interese da cidade.
Con este programa a Deputación da Coruña dá continuidade aos xa desenvolvidos nos últimos anos e que teñen por finalidade que os nenos e nenas desta provincia, cheos de enerxía e de curiosidade, estean presentes na realidade do mundo.
Actividades
Durante a estadía en Zaragoza, que en todo momento estará guiada por monitores especializados e guías locais, os participantes coñecerán in situ, a "Expo Zaragoza 2008" , "La Basilica del Pilar", "La Seo de San Salvador", "El Palacio de la Aljafería", "El Teatro Romano" ...
Complementariamente realizaranse actividades culturais e visitas guiadas a outros monumentos e lugares de interese histórico-artístico.
Todas as actividades incluídas no programa non suporán desembolso ningún para os participantes agás a cota previa sinalada na ficha de inscrición.
Solicitudes
Poderás inscribirte no concello ó que pertences.
A solicitude deberás entregala no propio concello, cubrindo a ficha de inscripción.
No caso de haber máis solicitantes que prazas, celebrarase ó remate do prazo de inscrición, un sorteo público perante o secretario do concello respectivo.
No caso de que resultes seleccionado, deberás entregar no concello a documentación que figura relacionada no apartado correspondente.
INFORMACIóN XERAL
Lugar: Visita a Expo Zaragoza 2008.
Réxime: Pensión completa
Duración: cinco días / catro noites
Idade dos participantes: aqueles/as que teñan entre 10 e 14 anos (ambas as dúas inclusive) no mes de xullo de 2008.
Desprazamentos: Tanto a ida como ó regreso, farase en autobús desde os concellos ou puntos comarcais que se sinalen ate A Coruña e desde esta a Zaragoza en tren.
O réxime das viaxes, así como as súas quendas e horarios, comunicaráselles previamente a cada un dos concellos participantes.
Teléfonos |
981 083 327 - 981 080 348 |
Correo electrónico |
|
Web |
www.dicoruna.es |
Fax |
981 080 304 |
Solicitudes: Para participar neste programa deberás presentar a ficha de inscrición no concello ao que pertenzas no prazo que este che indique.
Cota de inscrición: Unha vez que o concello confirme a obtención da praza, deberase realizar o ingreso da cantidade de 85 €, na seguinte conta:
Máis información: http://www.dicoruna.es/cultura/vivirOMundo/