Imagen principal
FOTOS MENU

Concello

Saúdo do Alcalde
Foto do Alcalde de Vilarmaior

Carlos Vázquez Quintián

No ano 2004 ponse en marcha un novo proxecto de comunicación do Concello de Vilarmaior,a súa Páxina Web Oficial, que tentará facilitar o acceso á información que poida ter interese tanto para veciños como para aquelas persoas que nos queiran visitar, ou simplemente queiran saber algo máis sobre o noso municipio.

Poderase obter información sobre a xeografía de Vilarmaior, sobre as súas parroquias, a súa xente, e poderá servir de guía para os visitantes, turistas e veciños coa inquietude de coñecer monumentos, igrexas, paraxes naturais en definitiva o noso patrimonio artístico e natural.

Toda a beleza da nosa paisaxe, actividades que se poden realizar sen saír do noso Concello, lugares que visitar, onde comer, onde durmir, e toda aquela información de interese quedará referenciada nesta páxina.

Convídovos a que naveguedes por ela, animándovos tamén a que nos enviedes as vosas suxerencias cara un mellor servicio da vosa web.

Recibide un cordial saudo.

Carlos Vázquez Quintián
Alcalde Presidente do Concello de Vilarmaior