Debe habilita-los SCRIPTS no seu navegador Vilarmaior
Imagen principal
FOTOS MENU

Novas

Ano
Mes
Texto
22/05/2013
Imaxen Descriptiva da Nova

 

Contidos

Bolsas a estudantes universitarios participantes en programas de mobilidade con países extracomunitarios.

 

Orde do 10 de maio de 2013 pola que se aproban as bases e se procede á convocatoria de bolsas destinadas aos estudantes universitarios que participan en programas de mobilidade con países extracomunitarios no curso 2013/14. (DOG nº 96 do 22/05/2013)

Obxecto: Convócanse 98 bolsas, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas ao alumnado universitario matriculado nunha universidade do Sistema universitario de Galicia (Universidade de Santiago de Compostela, Universidade da Coruña ou Universidade de Vigo) ou nun centro asociado da UNED en Galicia que participe en programas de intercambio relacionados cos estudos que está a cursar, con países extracomunitarios, agás o programa Erasmus.

Contía e duración: A bolsa terá unha dotación económica de 1.000 euros por alumno/a beneficiario/a. O programa de mobilidade para o cal se solicita a axuda será realizado durante o curso académico 2013/14.

Prazo: ata o 29 de xuño de 2013, incluído.

21/05/2013
Imaxen Descriptiva da Nova

Axudas económicas para formación práctica en centros de traballo

Orde do 16 de maio de 2013 pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo. (DOG nº 95 do 21/05/2013)

Modalidades:

  1. Alumnado matriculado en ciclos formativos de grao medio e superior de formación profesional, módulos profesionais experimentais, artes plásticas e deseño, ensinanzas deportivas e programas de cualificación profesional inicial e que realice a FCT dentro do territorio español.

 

B.   Alumnado matriculado en ciclos formativos de grao medio ou superior de formación profesional inicial ou nun ciclo formativo de artes plásticas e deseño e que realice a FCT en países da Unión Europea.

 

Prazos:

  1. Primeiro prazo: 31 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, para o alumnado que realizase a FCT nos períodos, outubro 2012-marzo 2013, e nos períodos xaneiro-xuño, xaneiro-marzo e abril-xuño de 2013. Todo o alumnado deste prazo deberá rematar o período da FCT antes do 31 de agosto de 2013. Tamén se acollerá a este prazo o alumnado matriculado no primeiro curso dun programa de cualificación profesional inicial no curso 2012/13. O alumnado ao cal lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2013 e que anticipase o período de FCT non se acollerá a este primeiro prazo.

 

  1. Segundo prazo: será o comprendido entre o 14 de outubro e o 14 de novembro de 2013, para o alumnado de ciclos formativos ao cal lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2013 e o alumnado matriculado nun programa de cualificación profesional inicial que realice a FCT no período extraordinario de setembro de 2013. Este alumnado deberá rematar obrigatoriamente o período de formación en centros de traballo antes do 31 de decembro de 2013. O alumnado que teña horario flexible con autorización da Dirección Xeral e remate despois do 31 de decembro de 2013 acollerase a seguinte convocatoria de axudas.

 

21/05/2013
Imaxen Descriptiva da Nova

ámbito territorial

Considérase medio rural todo o territorio de Galicia, excepto as zonas incluídas nos perímetros urbanos definidos como tales no planeamento urbanístico vixente das cidades de Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo.

 

Gastos subvencionables

Considéranse subvencionables os gastos derivados da conexión ao servizo de acceso á banda larga vía satélite en ambos os sentidos de comunicación, que teña asociada unha velocidade de transferencia de datos de, como mínimo, 2 Mbps en sentido da rede ao usuario (DL). Só se subvencionará unha conexión por enderezo:

  1. Custo de instalación, incluíndo os materiais precisos para a súa correcta realización (soportes, mastros, canaletas, cable etc.).
  2. Subministración do equipamento preciso para distribuír o sinal de banda larga no interior das vivendas ou instalacións das empresas (router wifi, PLC etc.).

Non se considerará subvencionable o IVE soportado polas empresas que sexa susceptible de recuperación ou compensación.

Non serán subvencionables equipamentos diferentes dos antes indicados (antena parabólica, LNB, módem satélite, terminais telefónicos etc.) nin as cotas mensuais que deberá satisfacer o beneficiario ao provedor do servizo da internet.

Beneficiarios

  1. As persoas físicas que pretendan acceder ao servizo na súa condición de usuarios residenciais.
  2. Pequenas e medianas empresas.

Requisitos

  1. Residir na Comunidade Autónoma de Galicia.
  2. Non dispoñer de cobertura de banda larga de calidade de, polo menos, 2 Mbps en sentido rede-usuario mediante outra tecnoloxía.
  3. Solicitar a axuda para a instalación da nova conexión no enderezo de residencia ou, no caso dunha empresa, domicilio fiscal.
  4. Manter o novo contrato de conexión á internet por un período mínimo de doce meses, contado desde a data de alta no servizo.
  5. Non ter sido beneficiario doutra subvención para o mesmo obxecto.
  6. Tramitar a solicitude exclusivamente a través de calquera das entidades colaboradoras que sexan seleccionadas por Agader en procedemento público e aberto.
  7. Non concorrer nalgunha algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007. 
  8. Non poderán ser beneficiarias das axudas as empresas que están excluídas da aplicación do réxime de minimis, de acordo co previsto no artigo 1.1 do Regulamento (CE) nº 1998/2006, da Comisión, do 15.12.2006.

Prazo:

Ata o 30 de setembro de 2013.

Máis información

  1. Web oficial da Agader (http://agader.xunta.es), na súa epígrafe de «Liñas de axuda».
  2. Tel. 981 54 73 82 de Agader.
  3. Dependencias de Agader. Lugar da Barcia, nº 56, estrada Santiago-Noia, km 1, 15896 Santiago de Compostela.
  4. Tel. de información 012 (desde fóra de Galicia o 902 12 00 12).

 

20/05/2013
Imaxen Descriptiva da Nova

A Consellería realiza esta convocatoria para unidades de competencia das familias profesionais de Administración e Xestión, Electricidade e Electrónica, Enerxía e Auga, Edificación e Obra Civil, Fabricación Mecánica, Hostalaría e Turismo, Industrias Alimentarias, Instalación e Mantemento, Madeira e Moble, Química, Sanidade, Servizos Socioculturais e á Comunidade e Transporte e Mantemento de Vehículos.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 12 de xuño de 2013.

MÁIS INFORMACIÓN NOS SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO.

servizos.socias@dicoruna.es

De 9:00 a 14:30 horas. (preguntar por Yolanda)

 

24/04/2013
Imaxen Descriptiva da Nova

 

 

 

O CONCELLO DE VILARMAIOR PARTICIPA NO PROXECTO REDEXIANA 2 PARA O FOMENTO DO EMPREGO.

 

O Concello de Vilarmaior en colaboración coa Deputación da Coruña vai desenvolver accións formativas dirixidas a persoas desempregadas dos concellos de A Capela, As Pontes, Cabanas, Monfero e Vilarmaior.

 

O Proxecto RedeXiana 2 está cofinanciado pola Deputación Provincial e o Fondo Social Europeo.

 

No Concello de Vilarmaior realizaránse un total de 3 accións formativas:

1)     Obradoiro de Emprego

2)     Habilidades Sociais e Comunicativas

3)     Responsabilidade Social

Que se desenvolverán na Casa da Cultura do Concello.

 

As persoas participantes poderán realizar o itinerario formativo e de inserción laboral completo conducente á formación de:

-          Conselleiro de Seguridade ou Montaxe

-          Mantemento de Bens de Equipo e Maquinaria Industrial

 

O prazo de inscrición remata o 3 de maio de 2013.

 

Persoas Beneficiarias:

 

-          Persoas en situación de desemprego no momento da solicitude.

-          Estar inscritos/as na Oficina de Emprego e coa tarxeta actualizada.

-          Ter 18 anos.

-          Estar empadroado/a.

-          Pertencer a algún dos seguintes colectivos:

+ Xóvenes menores de 30 anos

+ Persoas Maiores de 45 anos.

+ Persoas desempregadas de longa duración

+ Inmigrantes non comunitarios con permiso de traballo.

+ Persoas afectadas por algunha minusvalía.

+ Persoas sometidas a maltrato físico ou psíquico.

+ Persoas en proceso de rehabilitación ou reinserción social

+ Persoas pertencentes a etnias desfavorecidas ou minoritarias

+ Xóvenes que non superasen a ensinanza obligatoria

+ Outras persoas calificadas en exclusión social

+ Outras persoas ou grupos identificados no Plan Nacional de Inclusión Social.

 

 

Inscricións e Información nos Servizos Sociais.

Tfno. De Contacto: 981 78 17 09 (preguntar por Yolanda).

02/04/2013
Imaxen Descriptiva da Nova

Oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán 2013 e se procede á súa convocatoria. (DOG nº 63 do 2/4/2013)

Obxecto:

Facilitarlle á mocidade galega a participación en actividades de tempo libre a través da oferta dun plan xeral de actividades que se desenvolverán tanto en Galicia como noutras comunidades autónomas, en diferentes quendas de entre unha semana e quince días de duración, durante os meses de xullo e agosto.

Participantes:

Mozos e mozas nados no ano sinalado no anexo I para cada actividade. En canto á idade mínima e máxima para participar deberase ter en conta o seguinte:

·         Os/as nados/as no ano 1995 non poderán facer 18 anos antes da finalización do campamento.

·         Os/as nados/as no ano 2004 deberán ter feitos 9 anos ao inicio do campamento.

A solicitude pode ser individual ou múltiple (no suposto de grupos de ata catro irmáns). A solicitude múltiple só se poderá empregar para o suposto de solicitude de irmáns que vaian á mesma instalación e quenda. No momento da adxudicación da praza desde a lista de agarda xa se teñen en conta como individuais.

Cada persoa interesada só poderá cubrir unha solicitude e un máximo de cinco quendas ou actividades por solicitude

Servizos:

 

·         Un programa de actividades de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial, que posibilite a participación da/o moza/o.

·         Aloxamento en albergue xuvenil, residencia xuvenil ou campamento xuvenil.

·         Manutención en réxime de pensión completa.

·         O material necesario para a actividade.

·         Un equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre e actividades náuticas, se é o caso.

·         Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.

·         Nas actividades desenvolvidas noutras comunidades autónomas inclúese o transporte desde Santiago de Compostela ata o lugar de destino, así como o retorno ata Santiago de Compostela.

Documentación:

Solicitude individual (anexo II) / Solicitude múltiple (anexo III)

Lugar de presentación:

 

Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado

Xefaturas Territoriais da Conselleria de Traballo e Benestar

·         Nos lugares dispostos no artigo 38.4 da Lei 30/92 de 26 e novembro.

·         Vía telemática: http://www.xunta.es/presentacion-electronica-da-xunta-de-galicia

Prazo de solicitude:  ata o 17 de abril de 2013.

Máis información:

·         Rede galega de información xuvenil

·         Xuventude.net

 

02/04/2013
Imaxen Descriptiva da Nova

Programa de Retorno Voluntario de Inmigrantes

A Dirección General de Migraciones, convoca subvencións para programas de retorno voluntario de persoas inmigrantes. (BOE nº 78 do 1/4/2013)

O Programa de Retorno Voluntario está dirixido a persoas estranxeiras con diferente estatus legal, especialmente inmigrantes que manifestan o desexo de volver ao seu país de orixe ao atoparse en situación de precariedade ou en risco de exclusión social.

Programas subvencionables:

  1. Programa de retorno voluntario asistido con especial atención a persoas vulnerables cofinanciado polo fondo europeo para o retorno.
  2. Programa de retorno voluntario produtivo cofinanciado polo fondo europeo para o retorno.
  3. Programa de retorno voluntario de atención social.
  4. Programa de retorno voluntario productivo.
  5.  Abono aos estranxeiros Extracomunitarios que retornen voluntariamente aos seus Países de Procedencia (APRE)

Prazo de solicitude: Ata o 22 de abril de 2013.

O programa de retorno voluntario inclúe os seguintes servizos:

·         Información e asesoramento á persoa interesada.

·         Billete de retorno internacional ao seu país de orixe, desde o lugar do seu domicilio en España contemplando o pago da estancia, manutención e todas aquelas circunstancias excepcionais que poideran presentarse no tránsito.

·         Gastos imprevistos de medicamentos ou outros como acompañamento debidamente xustificados.

·         Axuda económica de viaxe de 50 euros por cada membro da unidade familiar.

·         Axuda económica para a reintegración no país de orixe que pode ascender a 400 euros por persoa e ata un máximo por unidade familiar de 1.600 euros.

 

Requisitos necesarios para acollerse ao programa:

·         Atoparse en situación de falta de recursos económicos e de vulnerabilidade social por determinadas circunstancias.

·         Ter unha permanencia en España non inferior a 6 meses.

·         Informe social dos servizos sociais do concello en que resida ou dunha ONG especializada.

·         Declaración de voluntariedade da persoa interesada

 

 

07/03/2013
Imaxen Descriptiva da Nova

 

 Axudas destinadas ao alumnado que curse estudos universitarios, no curso académico 2012/13, nas universidades do Sistema universitario de Galicia, que por causa sobrevida ou imprevista teña dificultades económicas para continuar estudos.

 

axudas destinadas ao alumnado que curse estudos universi­tarios conducentes ao título de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico e arquitecto técnico, no curso académico 2012/13, nas universidades do Sistema universitario de Galicia, cunha necesidade urxente de recursos económicos motivada por causas sobrevidas e imprevistas que lle impidan ou dificulten a continuidade dos seus estudos.

 

Requisitos dos solicitantes

a) Necesidade urxente de recursos económicos para paliar a situación de emerxencia derivada dunha causa sobrevida ou imprevista (orfandade absoluta, falecemento pai/nai/ titor legal, desemprego sustentador principal, enfermidade grave, violencia de xénero cara el/ela ou o/a seu/súa proxenitor/a, vítimas de actos terroristas, separación, divorcio, ruína ou quebra familiar e outras circunstancias non recollidas que, sendo xustificadas, repercu­tan na situación socioeconómica familiar).

 

b) Que a situación sobrevida ou imprevista acontecese durante o actual curso académi­co 2012/13.

c) Estar matriculado, no curso académico 2012/13, como mínimo en 50 créditos, en estudos universitarios presenciais conducentes ao título de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico e arquitecto técnico en calquera das uni­versidades do Sistema universitario de Galicia.

d) Que a renda per cápita da unidade familiar non sexa superior ao importe anual da pensión non contributiva individual para o ano 2013, é dicir, 5.108,60 euros (425,72 euros mensuais, incluída nesta contía a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias).

 

e) Non ter percibido esta axuda con anterioridade.

 

Forma e prazo de presentación de solicitudes

1. As solicitudes serán subscritas directamente polas persoas interesadas ou por persoa que acredite a súa representación por calquera medio válido en dereito.

2. A presentación de solicitudes poderá realizarse desde o día seguinte ao da publica­ción desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o 1 de setembro de 2013.

2.1. Con carácter xeral, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde a data en que acontecese a causa sobrevida ou imprevista, sempre que a solicitude se rea­lice con anterioridade ao 1 de setembro de 2013.

2.2. Se a causa sobrevida ou imprevista ten acontecido con anterioridade á publicación desta orde, o prazo de presentación será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta no Diario Oficial de Galicia.

O formulario da solicitude, correspondente co modelo normalizado ED433A que se publica como anexo I a esta orde, e a declaración responsable necesaria que se publica como anexo II estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es para a súa tramitación electrónica completa.

3. Para a presentación na sede electrónica do dito formulario e da declaración res­ponsable admitiranse o DNI electrónico ou calquera outro sistema de sinatura electrónica aceptado pola sede da persoa solicitante ou representante legal.

4. Para a tramitación electrónica do presente procedemento, a sede electrónica da Xun­ta de Galicia dispón de instrucións de axuda que deberán ser observadas en todo momento polas persoas solicitantes. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de obtención dos formularios, poderán dirixirse ao teléfono de información 012 ou ao correo electrónico 012@xunta.es

 

No caso de dúbida en relación coa presente convocatoria, poderá facer as súas consul­tas no enderezo electrónico orientacion.sug@edu.xunta.es

 

Tamén se facilitará máis información nos Servizos Sociais do Concello en horario de luns-mércores e venres de 9:00 a 14:30 horas.

07/03/2013
Imaxen Descriptiva da Nova

A CONSELLERIA DE CULTURA, EDUCACIóN E ORDENACIóN UNIVERSITARIA CONVOCA 113 AXUDAS

para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea, durante o verán de 2013.

 

 

Período e dotación da axuda

1. As actividades para as cales se solicita a axuda terán que ser realizadas no período comprendido, única e exclusivamente, entre o 1 de xuño e o 30 de setembro de 2013.

2. A dotación económica asignada a cada beneficiario será de 1.100 euros.

 

Requisitos

a) Estar matriculados/as no curso 2012/13, como mínimo en 50 créditos, incluído neles o proxecto fin de carreira, en calquera das universidades do Sistema universitario de Ga­licia, ou nos centros asociados da UNED en Galicia, en estudos conducentes ao título de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico ou arquitecto técnico.

b) Ter superado 60 créditos no momento de presentación da solicitude en titulacións de 1º ciclo ou 120 créditos en titulacións de grao e de 1º e 2º ciclo.

 

c) Ter unha puntuación media no seu expediente académico igual ou superior aos 7,00 puntos, para alumnos das ramas de coñecemento de Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas, Ciencias e Ciencias da Saúde; e 6,00 puntos, para alumnos da rama de Enxeñaría e Arquitectura. Nota media calculada de acordo cos parámetros reflectidos no protocolo de colaboración subscrito o 27 de xuño de 2011 entre esta consellería e as universidades galegas.

O curso de idiomas debe ter unha duración mínima de tres semanas, cun mínimo de 15 horas lectivas semanais. O idioma que se desexe cursar deberá corresponder co idioma oficial do país elixido.

 

Quedan excluídos/as desta convocatoria:

a) Os/as alumnos/as que xa resultasen beneficiarios desta axuda en anteriores convo­catorias.

b) Os/as alumnos/as que durante o curso 2012/13 sexan adxudicatarios dunha bolsa do programa comunitario de mobilidade Erasmus, sempre e cando a estadía que pretendan realizar sexa para perfeccionar a lingua oficial do país en que se está a desenvolver o dito programa.

 

Forma e prazo de presentación de solicitudes

As solicitudes serán subscritas directamente polas persoas interesadas ou por persoa que acredite a súa representación por calquera medio válido en dereito.

 O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes. Se a solicitude é remitida por correo, presentarase en sobre aberto para que sexa datada e selada polo persoal de correos antes de que proceda á súa certi­ficación postal.

Non se admitirán como medio de presentación de solicitudes os servizos de mensaxaría privados.

 

 

MÁIS INFORMACIÓN NOS SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO

HORARIO: Luns, Mércores e Venres de 9:00 a 14:30 horas.

 

 

27/02/2013
Imaxen Descriptiva da Nova

 

CEIP de Torres

 

VEN AO NOSO COLEXIO!

 

Por qué?

Porque aínda que é un colexio pequeno, é moi acolledor e con moi bo ambiente. Porque temos nenos de ed. infantil e 1º ciclo de primaria.

Porque temos un profesorado que inclúe especialistas en lingua estranxeira e relixión. Porque temos dúas aulas para usos diversos. Porque temos un parque infantil para xogar

 

Proximamente abrirase o prazo de matrícula

 

Torres Vilarmaior. Tlf. 981 781 678

22/02/2013
Imaxen Descriptiva da Nova

A Secretaría Xeral da Emigración, da Xunta de Galicia convoca o programa Reencontros na Terra para residentes no exterior para o exercicio 2013.

Obxecto:

Promover o contacto dos galegos residentes no exterior coa súa terra, mediante un período de estadía en residencia, e cos seus familiares, fortalecendo así os vínculos de unión con Galicia.

Convócase un total de 135 prazas, distribuídas por país:

 Arxentina: 81, Brasil: 9, Cuba: 7, Uruguai: 34, Venezuela: 2, Outros países:2

Datas de realización

Os/as beneficiarios/as deste programa viaxarán a Galicia preferentemente no mes de outubro.

Prazo de presentación:

Ata o 22 de abril de 2013

 

Beneficios:

·         Pasaxe de avión de ida e volta desde os lugares de partida fixados pola Secretaría ata o lugar de destino designado en Galicia.

·         Servizo de aloxamento e manutención durante un período máximo de 14 días, nunha residencia de tempo libre ou noutro establecemento residencial de Galicia, programándose actividades socioculturais que favorezan o reencontro coa súa terra.

·         As persoas participantes que o desexen poden prorrogar a súa estadía en Galicia  unha vez finalizada a estadía no establecemento residencial, ata completar un período aproximado de 30, 60 ou 90 días desde a súa chegada a Galicia, sendo por conta dos participantes todos os gastos durante o tempo que permanezan cos seus familiares.

·         A prestación da asistencia sanitaria dos/das beneficiarios/as será de acordo coa lexislación nesta materia e os convenios subscritos polo Estado e a Comunidade Autónoma de Galicia.

por Administrator

 

 

MáIS INFORMACIóN NOS SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO

NA WEB www.emigracion.xunta.es

 

13/02/2013
Imaxen Descriptiva da Nova

Bolsas de intercambios xuvenís no marco do programa ‘A Xuventude no mundo”.

 

A Consellería de Traballo e Benestar convoca as primeiras 50 prazas de mobilidade xuvenil para este ano a través do programa ‘A Xuventude no mundo”. En concreto, mozos e mozas galegos poderán realizar nos próximos meses un intercambio a Ossana, en Trento (Italia), Rusia e Wakayama (Xapón). 

Países e prazos de inscrición

Pais

Lugar de intercambio

Nº de prazas

Data de realización

Temática

Data de inscrición

Italia

Ossana – Trento

(Fundazione San Vigilio)

12

16 a 23

marzo

“Tradición e innovación. Redescubrir o pasado para crear o futuro”

11 a 18  febreiro

Rusia

Concello de Novodevyatkinsky – San Petesburgo

14

22 a 29

abril

Búsqueda de emprego na xuventude

11 a 18 febreiro

San Petesburgo

(Instituto de San Petesburgo da Educación humanitaria)

10

29 de abril

6 de maio

Orientación profesional para a xuventude

19 a 26 febreiro

Xapón

Perfectura de Wakayama

14

8 ao 15

xullo

“Dous camiños, dúas culturas”

1 a 10 marzo

 

Persoas destinatarias:

Mozos e mozas galegos residentes en Galicia con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos de idade no momento de celebrarse o intercambio e que non participaran  en anteriores edicións de A Xuventude no Mundo.

Máis información:

xuventude.net                          981 544645 /981 544869

xuventude@xunta.es

TAMéN NOS SERVIZOS SOCIAIS E NA OFICINA DE INFORMACIóN XUVENIL NO CONCELLO DE VILARMAIOR.

 

13/02/2013
Imaxen Descriptiva da Nova

Programa Erasmus para Mocidade Emprendedora

 

Obxecto:

 

Esta iniciativa está dirixida a axudar a mozas e mozos emprendedores a adquirir habilidades para xestionar pequenas e medianas empresas. Os emprendedores participantes terán a oportunidade de aprender dun empresario con experiencia que dirixa unha PEME noutro país da Unión Europea,

 

Destinatarios:

Mozas e mozos emprendedores. Poden optar ás bolsas emprendedores que xa teñan creada a empresa (pero esta non teña máis de 3 anos) ou mozos emprendedores que estean a pensar en facelo.

 Para participar, simplemente hai que rexistrarse na páxina web do Programa (http://www.erasmus-entrepreneurs.eu/), cubrir un formulario explicando as motivacións e obxectivos, e subir os CV e o plan de empresa.

A Unión Europea financia con este Programa estadías de entre 1 e 6 meses nunha PEME europea con experiencia para axudar aos mozos e mozas emprendedores a adquirir as habilidades necesarias para xestionar unha empresa.

Xestionado por: UNINOVA - Universidade de Santiago de Compostela.

Máis información:

rosamaria.sanchez@usc.es

 

monica.suarez@usc.es

 

www.erasmus-entrepreneurs.eu

 

 

Prazo:

31/12/2013

 

01/02/2013
Imaxen Descriptiva da Nova

Requisitos das persoas aspirantes

  1. Ser maior de 20 anos ou facer esa idade no ano 2013.
  2. Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para os efectos académicos.
  3. Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2012/13.

Centros e datas de inscrición e de realización das probas

  1. O prazo para realizar a inscrición nestas probas será entre o 18 e o 28 de febreiro de 2013 e nos centros enumerados no punto seguinte.
  2. As probas terán lugar o día 26 de abril de 2013, en sesións de mañá e tarde, nos seguintes centros:
  1. Centro EPA Eduardo Pondal, A Coruña.
  2. IES San Clemente, Santiago de Compostela.
  3. Centro EPA Albeiros, Lugo.
  4. Centro EPA de Ourense, Ourense.
  5. Centro EPA Río Lérez, Pontevedra.
  6. Centro EPA Berbés, Vigo.

As persoas aspirantes poderán matricularse dos dous exercicios que integran a proba ou dun deles.

Mais información nos Servizos Sociais do Concello.

Días de atención: luns – mércores – venres

Horario: de 9:00 a 14:30 horas.

 

30/01/2013
Imaxen Descriptiva da Nova
  1. Prazos de matrícula:

-          convocatoria de maio:  do 2 – 15 de abril

-          convocatoria de setembro: do 1 – 18 de xullo

 

  1. Lugares de inscrición:

 

a)      A Coruna:

-          Alumnado do 1º apelido entre a letra A e a letra L: no Centro EPA Eduardo Condal. r/ Pekín Rivero, 3.

b) Ferrol:

– Centro EPA de Santa María de Caranza, rúa Luis de Requeséns, s/n.

c)      tamén existen centros para matricularse en Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.

  1. Realización das probas:

a)      Os días 31 de maio e 12 de setembro pola mañá e tarde.

b)      Pola mañá: 9¨30 a 12¨30: ámbito científico-tecnolóxico

12¨30 a 14: ámbito social

                                   Pola tarde: 16 a 19¨45: ámbito da comunicación.

 

Para máis información dirixirse aos Servizos Sociais Do Concello.

Luns-Mércores-Venres.

(DOG 29/01/2013)

09/10/2012
Imaxen Descriptiva da Nova

Local social de Doroña

Casa de Cultura de Vilarmaior

 

09/10/2012
Imaxen Descriptiva da Nova

Obradoiro de pintura

Obradoiro de técnicas de traballo en madeira

Xogos deportivos

Patinaxe

Fútbol sala

Ximnasia de mantemento

Ximnasio monitorizado

Ioga

Aerobic

19/06/2012
Imaxen Descriptiva da Nova

O CEIP de Torres gaña o terceiro premio dun certamen nacional

Nicolás, Andrés, Sara, Samuel, Javier e Damián son os alumnos do CEIP de Torres gañadores do 3º premio do concurso  “Cuida a los animales, cuida el medio ambiente”.

Lucía Vázquez Martínez, a súa mestra, tivo moito que ver no recoñecemento que recibiron a nivel nacional.

A participación no certame implicaba relacionar o traballo plástico coa película “Madagascar .

O Alcalde Carlos Vázquez amosou a súa satisfacción polo logro acadado polos alumnos.

15/05/2012
Imaxen Descriptiva da Nova

AXUDAS DA CONSELLERíA DE TRABALLO E BENESTAR PARA FACILITAR A OBTENCIóN DO PERMISO DE CONDUCIóN DE CLASE B E FAVORECER A SEGURIDADE VIARIA DOS MOZOS E MOZAS GALEGOS

 

Requisitos dos/as socilicitantes:

  • Ter entre 18 e 30 anos de idade cumpridos no momento de presentar a solicitude
  • Estar en situación de desemprego, cunha antigüidade mínima de 6 meses
  • Ser titular do carné xove vixente no momento de presentar a solicitude
  • Ter a súa residencia en Galicia
  • Acreditar un nivel de ingresos netos anuais da unidade familiar non superior a 2,5 veces o IPREM establecido para 2012
  • Non estar en posesión do permiso de condución obxecto da subvención no momento de presentar a solicitude, ou estar en posesión del, con data de expedición definitiva a partir do 1 de xaneiro de 2012.

Prazo de solicitude: dende o día 15 de maio ata o día 1 de setembro de 2012, salvo que se produza con anterioridade o esgotamento do crédito orzamentario dispoñible

Contía da axuda: O importe da axuda será de 200 euros por beneficiario/a, sempre e cando este importe non supere o custo derivado da obtención do permiso de condución obxecto destas axudas

30/01/2012
Imaxen Descriptiva da Nova

Aula aberta ao público todos os martes e venres de 10:00 a 13:00, de xaneiro a maio de 2012.

Máis información na Casa do Concello.