Imagen principal
FOTOS MENU

Situación

Historia do Concello

De épocas prehistóricas podemos anotar algúns castros, máis pola toponimia que na realidade.
Así temos varios lugares cos nomes de Castro, Castrilión, Castrelo, As Croas...
Algúns conservan o seu folclore, como o de Pazos en Torres, e tal vez os seus tesouros como o chamado Tesouro de Vilarmaior, preto de Día Tres.
O espacio municipal ofrece restos e testemuños do período castreño e da época romana,o que fala da antigüidade do poboamento nestas terras.
É interesante a parroquial románica de San Pedro de Doroña (s. XII), xunto con outras sedes parroquiais de menor valor artístico, quizais, pero impecablemente integradas na paisaxe rural do concello;

Do período de romanización que tivo lugar nesta área, fala a presencia dunha estela funeraria atopada en 1938, na parroquia de Grandal, que hoxe se conserva no Museo Arqueolóxico Provincial do Castelo de San Antón, na Coruña.
Posteriormente, un documento do ano 866, fai referencia á doazón que fai destas terras Alfonso II ó bispado de Mondoñedo.
Máis adiante, no ano 1185, concédeselle ó mosteiro de Caaveiro o dereito das tres cuartas partes dos beneficios da igrexa de Doroña.
Durante a Idade Media as terras de Vilarmaior formaban parte do condado de Pruzos, tal vez de orixe suevo, pero do que non temos noticia ata o ano 866, cando Alfonso II cede o dominio destas terras ao bispo de Mondoñedo, Sabarico I.

Vilarmaior posúe no seu territorio un considerable número de xacementos arqueolóxicos que xunto con outros da bisbarra do eume ( NL da provincia da Coruña) forman un grupo que ven de acadar un posto de relevancia no noroeste peninsular.
Por mor da importancia dos gravados rupestres que están a saír a luz nos derradeiros anos, polo tesón dos investigadores que pese ás escasas referencias documentais de petroglifos, non permiten esquecer a memoria histórica dunha terra, que por xustiza merece ser estudiada e recoñecida.