Imagen principal
FOTOS MENU

Turismo

Rutas Turísticas
Ruta Güimil-Doroña
Como chegar:

Para situarnos no punto de comezo da ruta:
Dirixirémonos ó “Tres”, o cal se atopa a 5 Km. de Miño aproximadamente; no pleno centro deste último atoparemos o cruce que nos levará o “Tres”.
Novamente no centro deste, atoparemos un cruce: á esquerda a señalización indica (Puentedeume, Campolongo), entre outras direccions, e a dereita (Betanzos, Villozás), esta última será a que imos coller, iniciando o descenso á chamada “Ponte Ribeira”, divisoria dos concellos de Paderne e Vilarmaior.


Pasaremos polos lugares da Palloza, Cachufeira, Pousadoira, Graña, sempre sen deixar esa estrada chegaremos a un cruce que, desviándonos á esquerda, un pouco máis adiante aparecerá a citada ponte. Continuaremos deixando a ponte a nosa dereita, é dicir, subiremos hacia o lugar de Güimil.
Tras virar nunhas cantas curvas cerradas encontraremos un cruce cunha pista estreita á esquerda; seguindo por esa pista, a uns 30 m. ou menos, aparecerá un sinal que nos indicará que chegamos ó muíño coñecido coma “Muíño do Pegueiro”, o cal se atopa por unha desviación á esquerda; pois ben, eiquí empezará a ruta, xusto o pé dese sinal.


Como sair:

Para sair da ruta:
O punto máis cercano é voltar á estrada de aglomerado, collemos á dereita, subindo entre unhas casas; a primeira estrada que atopamos á dereita, tamén con aglomerado, que sinala “Grandal” será a que debamos seguir ata o remate do aglomerado, o cal nos levará a un cruce coa estrada Campolongo-Monfero. Virando á esquerda e sen abandonar esa estrada chegamos a Campolongo.
Dende alí a sinalización da estrada xa nos indica toda-las direccións que podemos coller.

Seguimos todo recto por esa estrada, o chegar o primeiro cruce viramos á dereita, un pouco máis adiante, sae un camino á esquerda que vai deica unha casa, xusto o lado desta hai un camiño que baixa a un muíño “Muíño do Medio”. É unha desviación opcional, retornaremos o cruce principal, por onde viñemos.
O chegar a este seguiremos a estrada pola nosa esquerda ( á dereita atopamos dous cruces que pasaremos por alto).
Se nos fixamos, á esquerda sae un camiño de pedriñas que se dirixe a un terceiro muíño “Muíño do Penedo”; igual que o anterior este desvío é opcional.


Continuamos a marcha seguindo todo recto por esa estrada, deixamos a un lado un cruce á dereita; máis adiante atoparemos outro cruce: á esquerda sube lixeiramente e pasa á veira dun cuarto muíño “Muíño do Porto das Lapelas” e á esquerda a estrada sigue por unha ponte que atravesa o río; por ahí seguiremos a marcha. Máis ou menos 200 m. por esa estrada chegamos a un cruce coa estrada Miño-Vilarmaior, viramos á esquerda e un pouco máis abaixo, viramos por un camiño de monte que hai á dereita.
Subiremos todo por ese camiño, no primeiro cruce seguiremos de fronte deixando un ramal á esquerda; no seguinte cruce volveremos a virar á dereita e 250 m. máis adiante á esquerda, aparecerán unhas casas á dereita e un novo cruce no que continuaremos a marcha pola esquerda. 250 m. de camiño nos llevarán á veira dunha fonte de 1800 que hai no medio do monte á dereita.
Voltaremos o cruce anterior e seguiremos deixando as casas a nosa dereita; o acabar ditas casas atopámonos cunha estrada de aglomerado que seguiremos cara abaixo (á dereita).
Tras recorrer unhos 350 m. sen desviarnos en ningún momento, atopamos un camiño de monte que arranca á esquerda e en pendiente; o collemos.


A 100 m. do cruce anterior viraremos á dereita de novo; outros 100 m. máis adiante á esquerda.
Agora continuamos a marcha por unha pista asfaltada. Recorreremos unhos 450 m. e nos desviaremos, tras divisar unhas casas, á dereita; 100 m. despois voltaremos a virar á dereita.
Seguimos por esa mesma pista 430 m. e aparece un corta-fogos á dereita, en baixada, polo cal seguiremos a marcha, sen desviarnos; 380 m. despois toparemos cun pequeno indicador de madeira que nos sinala a situación e forma do primeiro petroglifo.


Unha vez houbésemos tomado aire ollando o petroglifo, retomaremos a marcha seguindo de fronte, deixando o xacemento á esquerda; subiremos cara a pista que abandonáramos minutos antes; o chegar á mesma, viramos á dereita. Unhos 300 m. de marcha llevarán-nos a enfronte de outro corta-fogos que sube á esquerda e polo que debemos desviarnos. 150 m. máis arriba chegaríamos, se fose posible velas, pois a maleza faino totalmente imposible, á altura de dúas mámoas que se atopan no monte da dereita. Un pouco máis arriba volve a aparecer outro camiño transversal que colleremos á dereita. 50 m. despois do xiro, voltaremos a topar cun novo cartel informativo que nos indica a chegada a un novo petroglifo.
Cando creamos oportuno retomaremos novamente a marcha; uns metros máis adiante viraremos á dereita, cara abaixo, para voltar á pista que deixamos antes de comezar o ascenso. Tras recorrer máis ou menos 100 m., e antes de chegar o cruce coa citada pista, se viramos a vista á dereita, tal vez poidamos ver outra mámoa que oculta a maleza pero que sí nos deixa vislumbrar unha elevación, non natural, do terreo. Unha vez cheguemos o cruce coa pista colleremos á esquerda. Continuaremos por esta ata topar con outra pista asfaltada; se nos fixamos, no centro do cruce, detrás dunha sinal verde da Diputación, poderemos ollar unha pedra espetada de punta na terra.


Trátase dun marco delimitador que separa o noso concello do veciño Monfero.
Ademáis, este marco contén unhas inscripcións, que hoxe en día se convirtiron en arañazos que distan moito de semellarse a letras ou palabras.
Nese cruce viramos á esquerda, seguindo polo asfalto, chegando nunhos intres a unhas casas; pasaremo-las e máis adiante novamente fará aparición un novo cruce con outra estrada, esta xa é máis ancha e tamén asfaltada, e colleremo-la á esquerda.


Aproximadamente 400 m. despois de pasar por un campo de fútbol que hai á dereita, viramos por unha pista asfaltada á dereita; seguiremos por ela ata chegar a un cruce con outra pista asfaltada; en dito cruce colleremos á dereita e no seguinte novamente á dereita.
Baixaremos todo por esa pista; pasaremos unha ponte; pola dereita dunhas casas; e máis adiante, nunha curva á esquerda, atopamos un cruce no que seguiremos pola esquerda. 1 Km. de recorrido por esta pista faranos atravesar outra ponte sobre o río e ascender lixeiramente pegados a unha casa.
Un pouco máis adiante atopamos dous cruces, case consecutivos, nos que seguiremos pola dereita, descendendo suavemente e entre unhas casas, ata chegar a un cruce cunha estrada de aglomerado. Nese cruce viramos á dereita e seguimos descendendo un pouco, todo por esta estrada; atravesamos unha ponte e virando novamente á dereita chegaremos á área recreativa, que é a chegada desta ruta.
¡Chegou a hora de repousar e tomar un refrixerio para repoñer forzas!.