Debe habilita-los SCRIPTS no seu navegador Vilarmaior
Escudo do Concello
Menu de Inicio
contactar
Idioma Español
Idioma Galego
RSS
Imagen principal
FOTOS MENU
Cofinanciado pola consellería de innovación e industria

Satisface o nivel de accesibilidade de acordo coa norma W3C-WAI-AA

Novas

Novas
mais novas
18/06/2013
Imaxen Descriptiva da Nova

 

BANCO DE LIBROS

 

A Anpa do CPI Castro Baxoi de Miño ten organizado un sistema solidario de cesión e reutilización de libros de texto que se porá en marcha nestas datas.

Máis Información:

 

http://www.anpacastrobaxoi.org/

 

18/06/2013
Imaxen Descriptiva da Nova

Aberto o prazo de matrícula para Ciclos Formativos de FP

 

Iníciase o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos para impartir ciclos formativos de formación profesional de graos medio e superior en réxime ordinario e para as persoas adultas para o curso académico 2013/14.

(DOG nº 115 do 18/06/2013)

a.    O prazo ordinario será do 17 de xuño ata as 13.00 horas do 2 de xullo.

b.    O prazo extraordinario abranguerá desde o día 2 ao 12 de setembro ás 13.00 horas.

 

Máis Información nos Servizos Sociais do Concello

Horario: luns, martes, mércores e venres de 09:00 a 14:30 horas.

e-mail:

 

22/05/2013
Imaxen Descriptiva da Nova

 

Contidos

Bolsas a estudantes universitarios participantes en programas de mobilidade con países extracomunitarios.

 

Orde do 10 de maio de 2013 pola que se aproban as bases e se procede á convocatoria de bolsas destinadas aos estudantes universitarios que participan en programas de mobilidade con países extracomunitarios no curso 2013/14. (DOG nº 96 do 22/05/2013)

Obxecto: Convócanse 98 bolsas, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas ao alumnado universitario matriculado nunha universidade do Sistema universitario de Galicia (Universidade de Santiago de Compostela, Universidade da Coruña ou Universidade de Vigo) ou nun centro asociado da UNED en Galicia que participe en programas de intercambio relacionados cos estudos que está a cursar, con países extracomunitarios, agás o programa Erasmus.

Contía e duración: A bolsa terá unha dotación económica de 1.000 euros por alumno/a beneficiario/a. O programa de mobilidade para o cal se solicita a axuda será realizado durante o curso académico 2013/14.

Prazo: ata o 29 de xuño de 2013, incluído.

21/05/2013
Imaxen Descriptiva da Nova

Axudas económicas para formación práctica en centros de traballo

Orde do 16 de maio de 2013 pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo. (DOG nº 95 do 21/05/2013)

Modalidades:

  1. Alumnado matriculado en ciclos formativos de grao medio e superior de formación profesional, módulos profesionais experimentais, artes plásticas e deseño, ensinanzas deportivas e programas de cualificación profesional inicial e que realice a FCT dentro do territorio español.

 

B.   Alumnado matriculado en ciclos formativos de grao medio ou superior de formación profesional inicial ou nun ciclo formativo de artes plásticas e deseño e que realice a FCT en países da Unión Europea.

 

Prazos:

  1. Primeiro prazo: 31 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, para o alumnado que realizase a FCT nos períodos, outubro 2012-marzo 2013, e nos períodos xaneiro-xuño, xaneiro-marzo e abril-xuño de 2013. Todo o alumnado deste prazo deberá rematar o período da FCT antes do 31 de agosto de 2013. Tamén se acollerá a este prazo o alumnado matriculado no primeiro curso dun programa de cualificación profesional inicial no curso 2012/13. O alumnado ao cal lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2013 e que anticipase o período de FCT non se acollerá a este primeiro prazo.

 

  1. Segundo prazo: será o comprendido entre o 14 de outubro e o 14 de novembro de 2013, para o alumnado de ciclos formativos ao cal lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2013 e o alumnado matriculado nun programa de cualificación profesional inicial que realice a FCT no período extraordinario de setembro de 2013. Este alumnado deberá rematar obrigatoriamente o período de formación en centros de traballo antes do 31 de decembro de 2013. O alumnado que teña horario flexible con autorización da Dirección Xeral e remate despois do 31 de decembro de 2013 acollerase a seguinte convocatoria de axudas.

 


Novas de el correo gallego
La historia pétrea en el pincel
La Cidade da Cultura acoge hoy el desfile del programa Sensación-all
"Estoy escribiendo mis reflexiones de una etapa política"

O tempo en Vilarmaior

Recursos Web

visitas:
0070428