A superficie de Vilarmaior é reducida comparándoa coa media dos municipios coruñeses.
Só ten 30,1 quilómetros cadrados. A poboación é de 1.556 habitantes (Censo de 1986), cunha densidad de 51,69 habitantes por quilómetro cadrado.
Non hai ningunha aglomeración urbana importante.
O terreo é, dentro de As Mariñas orientais, elevado e montuoso, aínda que cos dous profundos surcos que drenan os ríos Lambre e Baxoi.
O río Lambre, pola parte meridional, xunto ó seu afluente o Caudelo, constitúen o límite natural con Irixoa, encaixase notablemente na parroquia de San Cristovo de Güimil, pouco antes de recibir polo norte ó Mondariz.
A densa rede de afluentes colabora á compartimentación do terreo, que ten como maiores alturas o Monte Grande (310 m.), Lagarín (309 m.) e Catasol (440 m.), na parroquia de San Pedro de Grandal, cara ó nordeste.
O relevo é moi accidentado cunha serie ininterrumpida de lomas e altozanos, e sen unha clara organización.
A maior altura alcánzase no monte Catasol (444 metros), ao nordeste do término, e en Monte Grande (374 metros) ao oeste.
Ambos se atopan no límite co término de Monfero.
O clima, oceánico húmido propio de As Mariñas, non difire moito do resto desta comarca, cunha media anual de 11,8º e unha oscilación ligeramente superior de 12º, debido ao seu alejamiento do mar.
A principal ocupación da poboación é a agricultura e ganadería.