Escudo do Concello
Menu de Inicio
contactar
Idioma Español
Idioma Galego
RSS
Imagen principal
FOTOS MENU

Turismo

Igrexas

A tipoloxía arquitectónica que cabe destacar en Vilarmaior é a que se refire o patrimonio relixioso.
Básicamente as igrexas constan dunha soa nave, de planta rectangular, á que se lle engadiu, nun dos muros correspondentes ó prebisterio, un pequeno corpo (cadrado ou rectangular) que fai as funcións de sancristía.
Unha excepción a todo isto é a igrexa parroquial de San Pedro de Vilarmaior, que posúe unha planta de cruz latina, con sancristía apegada ó muro septentrional da cabeceira.
En canto a antigüedade, algunha delas é do s. XII, conservando un bó número de elementos románicos.
O exemplo máis salientable é o de Santa María de Doroña; exemplar románico con nave, curto prebisterio e ábsida semicircular levantada sobre unha base graduada e con seteiras para a iluminación.

A súa fachada está limitada por dous contrafortes prismáticos, posuíndo unha sinxela portada de arquivolta tórica con lixeiros relevos e directriz levemente apuntada.
No tímpano, sostido por mochetas con figuras que, co paso do tempo, volvéronse irrecoñecibles, preséntase un Agnus Dei.
As restantes igrexas son máis recentes, do s. XVIII e posteriores, con muros de carga, adoitando deixa-la cantería para a fachada principal, esquinas e recercado de ocos.
A maioría das igrexas sufriron remodelacións dalgún tipo ó longo da súa historia, que se traduciron e reconstruccións ou engadidos.
Exemplo disto poden se-las remodelacións, posteriores a 1162, que se fixeron en Santa María de Doroña, e que se traducen nas variacións que presentan os seus muros, xunto cos engadidos da sancristía e o soportal.
Unha constante de tódolos templos é a presencia da espadana, xeralmente situado no eixo superior central da fachada principal (agás en Santa María de Doroña, que se encontra nun dos muros laterais),apoiada nunha peaña rectangular e interrompendo as dúas vertentes das cornixas.
Estas espadanas compóñense de dous corpos; un primeiro, onde se sitúan dúas campás, e un segundo de carácter ornamental e, normalmente, rematado en pináculos.