Escudo do Concello
Menu de Inicio
contactar
Idioma Español
Idioma Galego
RSS
Imagen principal
FOTOS MENU

Turismo

Muíños
Muíño do Medio

Este muiño atópase no lugar de Noguerido.
Posiblemente sexa o mais antigo dos 4 muiños desta marxe do río.
Para facer esta afirmación baseámonos en dúas circunstancias propias dos muíños:
- A pequena canle da que consta o muíño non ten cubo.
- As pedras utilizadaas na piana e no soporte da mesa, tiñan un desgaste moito maior o dos outros 3 muiños, sendo do mesmo material.
O feito de non ter cubo permitía o funcionamiento do muíño nas épocas en que o río levaba menos auga. Así, este era o muíño que máis utilizaban os veciños na época do verán.

>> Fotos Muiño Do Medio
Muíño de Pegueiro

Tamén coñecido como "Muiño Cativo" polas súas dimensións, sitúase no punto máis abaixo do río,preto do punto de influencia co río Mondariz, afluente do río Lambre.
Polo xeito de levar a auga ata o rodicio é un muíño de Canle ou de Cubo. A auga chegaba do río por esa canle e caía sobre o rodicio, que ó xirar facía que a móa se movese, iniciando así o proceso de convertir o gran e fariña.
A fariña caia directamente no "Tremiñado", parte do muíño que xeralmente estaba levemente elevada sobre o chan.
De ahi recollíase cunha 'Escoba de Muíño', cuxo pau era moito máis curto que o das escobas tradicionais. Como este proceso non era moi hixiénico, a solución adoptada foi colocar unha caixa sobre a que caía a fariña resultante do proceso.

>> Fotos Muiño Pegueiro
Muíño de Penedo

As caractrísticas da construcción son as mesmas que as dos resto dos muíños: paredes de pedra mamposta, e teito de lousa de pizarra.
A canle ten aproximadamente 50 metros de lonxitude. Este tipo de muíños rendían máis na época invernal,cando o río traía mñais auga e as pedras xiraban a maior velocidade.
A maquinaria ocupa a mairia desta estructura. Na pare superior está a 'Mollega', o sitio no que se deposita o gran,para despois caer sobe a peza na que remata o eixo, chamada 'Forquiña da Boreleira' ou 'Cabezote'.
Unha ez ahí desplázase á superficie que hai entre as dúas pedras: a moa e o pé. Cando o gran está entra as dúas pedras, do seu aplastámento, sae a fariña coa que logo facemos o pan.
O piso inferior chámase 'inferno', é o lugar na que a auga fai xirar o 'rodicio', a peza que impulsa o movemento da moa.

>> Fotos Muíño de Penedo
Muíño de Ferreñas

Este muíño de auga localízase no lugar de Ferreñas, á beira do río Baxoi.
Cálculase que se edificou a finais do século XVIII, e muiñou día e noite, prácticamente sen pausa, ata aproximadamente 1975.
En canto o tipo de propiedade, este muíño pertencía a 16 casas, dos lugares de Brea,Casanova,Castro,Socamiño e Vilar.
Cada un dos propietarios tiña inha "Concesión de Molienda", que estipulaba o tempo que lle correspondía moler a cada un. As "Roldas" eran os turnos en que lle tocaba moer a cada un.Estes turnos intercambiábanse en funcións das necesidades dos veciños, ou a disponibilidade do gran.
Neste muiñi traballábase fundamentalmente con mainza e centeo, asi como con trigo en menor medida.
As tarefas de mantemento do muíño, como podías ser a limpeza do cano, ou a reposición de pezas do muíño, eran realizadas polos veciños.
A construcción é de planta rectangular, cunha superficie de aproximadamente 40 metros cadrados, feita con pedra mamposta e teito de lousa.

>> Fotos Muíño de Ferreñas
Muíño de Gulfín

Non se coñece a data na que comenzou a muiñar, pero estímase que foi a principios do século XVIII, iniciándose o seu declive na década de 1970. Os propietarios eran varios veciños da parroquia de Güimil.
Cada propietario tiña uns "dereitos de molienda",que delimitaban o tempo que podían moer cada un dos donos. Os turnos, tamén chamados "Roldas", reiniciábanse cada 15 días.
A maioría das pezas da maquinaria eran de madeira, co tempo, algunhas forn cambiadas por pezas de ferro.
Poden ser os casos de certos elementos coam o "rodicio" e os "eixos", que pasaron a ser de ferro na década de 1940.
O resto das pezas eran de pedra: o pé, a moa, eran de granito, namentres que a "piaña" e a peza de sustentación sobre a que xiraba na mesa eran de pedra de seixo ou cuarzo.

>> Fotos Muíño de Gulfín